e sempre estivo ahí

A Terra no seu periplo arredor do Sol, recibe en coarenta minutos ao día, a cantidade de enerxía que consume a sociedade humana nun ano. Esta inxente solera, transformase en cultivos, rexeneración da flora, ventos, radiaccións directas e indirectas que de maneira simple permite a vida do planeta e a vida do planeta.

A alternativa enerxética do último século, especialemte na segunda metade, coa explotación dos recursos fosiles, pertence a exaltación da cultura pirómana, na que se asentou o modelo económico e social basedo na separación e desigualdade fomentando a acumulación aberrante do patrimonio común en máns dalgúns poucos.

Así montamos BLOG, páxinas web, asociacións…para restablecer o modelo solar, e desmentir que este, sexa un modelo alter-nativo.

A tan mentada crise económica ten unha sólida base na destrucción e manipulación dos recursos naturais e finitos e na contaminación e deterioro enfermizo das relacións simbióticas que a cultura solar por conclusión no deterioro do modelo de acomodo-social no que estabamos asentamos unha pequena parte da nosa especie, e que vivimos cunha gran “insatisfación” . Soio dende unha óptica solar a restauración era global e formara sinerxías que proxecten as nosas ilusions dunha sociedade mais xusta e sostible.

Dende a primeira páxina, xa fai sete anos, con este mesmo nome, onde expresamos a nosa crenza de que a aposta tecnolóxica de empresas i estados garantizaría a transformación economica e social baseada no crecemento económico do modelo industrial solar, pasou o alzamento do mito de Obama “yes we can”; os manidos brotes verdes de Zapatero, no exterior “vendendo” o éxito das empresas de enerxías renovables estatais, contrastaba coa falla de apoio real no interior; os constantes devaneos dos últimos caeseres do goberno de España -Felipe Gonzalez, J.M. Aznar convertidos en expertos de consultings das grandes empresas eléctricas contrarias ao despegue do modelo solar sen pasar claro esta polo seu departamento de control e fiscalización, ata este época de recortes nos que o culmen e o desaguisado do Plan Eólico Galego -polo que nos toca-;sen deixar de falar por descontado do terror nuclear que persiste en Chernobil 25 anos, e a demostración unha vez maís como unha mera circunstancia desoladora como un tsunam,i fai pervivir o monstruo entre grandes mentiras mediaticas e grandes silencos corporativos; despois e o suspenso do marco legal ou real decreto do Plan de Fomento das Enerxías Renovables a nivel estatal que acompañado da suba como dí a Facua dende o 2007 do 60% do custo da electricidade deixannos ou situannos nun panorama tan desolador e de tanto descredito que so nos queda aferrarnos ao noso discurso e cultura da proposta e depois de experiencias prácticas de divulgación como A Feira do Sol así como iniciativas de compra común como PromoSol, orientamos a nosa estratexia reforzando a nosa mensaxe así recollida na nosa nave “Simplicidade” “Eficiencia” e “Renovabilidade”.

Anunciabamos a doce decadencia do petróleo, con subidas escalonadas da electricidade, gás…e un tanto ilusos Os Picos do Sol, recolliamos a experiencia e ideoloxía do modelo económico solar do tristemente finado Hermann Scheer, o cal segue a ser un referente do conocemento e ánimo pola transformación solarizadora e socializante.

Pasamos de falar da alternancia do coche a prender na bici, trici, e algúns no mono…ciclo, pedaleando con ou sin asitencia eléctrica, deseñamos plans de inclusión da bici en empresas malogrado pola perniciosa burrocracia que todo o petardea, aletarga e outra vez malogra.
Non só deixamos de dudar se Diesel -o inventor- deseñara os seus modelos de combustión para consumo de aceite, metendo nos depósitos das furgos aceite vexetal usado cun simple colado – filtrado, e in-novamos coa introducción na nosa comarca i esperemos que no país, co fomento do sistema de recollida e xestión de aceites usados OLIKLAK, introducindo para o conocemento de todas e vergoña das administracións tanto local como autonómica pola sua desidia na xestión e depuración das augas residuais, o dato: un litro de aceite vexetal usado custa 2,40 euros cando chega aos nosos sitemas de depuración de augas, e perdemos un 98% dun litro de bio combustibel .

Na actualidade establecemos sinerxías de apoio entre entidades, empresas e colectivos demostrando con pequenas prácticas, a capacidade de inclusión dos equipos solar-domésticos a nivel familiar para a producción de auga-quente sanitaria e producción solar fotovoltaica con mellorados equipos integrados que deben tender a productos chave en man, reducindo a burocracia e impulsando micro-empresas de instalación e mantemento que de seguro fornecera o dereriorado mundo laboral, con emprego de calidade: sostible, cualifiacado, local, seguro…

Na actualidade este blog, quere presentar distintos aspectos do noso traballo, actualizar con fotos, e documentos, pensamentos e outras motras a posibilidade de poñer a andar o modelo de autoxestión enerxética de base solar, producción e consumo con equipos solares térmicos, fotovoltaicos, minieólicos, biomasa e todo o mix enerxético renovable, simple, e local.
Así este ano redefinimos o modelo de capitalización de A Feira do Sol a traveso dunha proposta Low-Cost dirixida a empresas do sector, institucions con este fín e deber, i vinte concellos coas suas respectivas praias, para dende o Norte ao Sur dende Ribadeo a Garda podendo pasar por praias interiores, fomentar, promover e dar mostras do Autoconsumo Enerxético.

A Feira do Sol nas Praias, vaia a achegar a mais de 10.000 persoas formas prácticas, exposicions, degustacions e coñocementos prácticos para poñer en acción a crecente demanda con empresas locais solventes e garantes de boas prácticas no campo das instalacións e mantemento dos solr-domésticos. De maneira lúdica e cun discurso cercano e para toda-las persoas a “caravana” solar quere por deber, frear o cambio climático xa que non podemos con el, aprender a soportalo integrando conductas de conservación básicas para os vindeiros anos.
En fin seguimos creendo que o último págrafo da presentación daquela páxina pedía unha oportunidade de recuperar e rescribir o século XXI para a VIDA, agora soio nos queda repetilo.

Revolución Enerxética
BENDITO RETRASO.